InicioSociedadeIntervidos case 150 litros de augardente de fabricación artesanal nun local das...

Intervidos case 150 litros de augardente de fabricación artesanal nun local das Neves

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil incautouse de 144 litros de augardente de fabricación artesanal que se comercializaba dun modo fraudulento nun establecemento das Neves (Pontevedra) dado que non contaba con etiquetas nin marcas fiscais.

Tal e como recolleu a Benemérita nun comunicado, os feitos tiveron lugar durante unha inspección rutineira levada a cabo por efectivos do Posto Fiscal da Garda Civil de Tui nunha local de alimentación que tamén dispón dun servizo hostaleiro.

Ao comprobar o cumprimento da normativa sanitaria e fiscal da mercadoría vendida, os funcionarios localizaron nove garrafas con 16 litros de augardente cada unha no almacén. En concreto, sete dos envases contiñan augardente branca e, os outros dous, augardente de herbas.

As garrafas estaban dispostas para ser distribuídas entre os clientes do bar, aínda que carecían das etiquetas e marcas fiscais determinadas pola lexislación vixente.

Así mesmo, xunto aos envases, atopouse unha caixa que contiña 41 tapóns con precintos fiscais adheridos, que, ao parecer, procedían de botellas de curso legal. Supostamente, unha vez que se transfería a augardente a estas botellas, utilizábanse estas precintas para simular que se trataba de bebidas destiladas legais e vendelas aos consumidores.

ÚLTIMAS

A Garda Civil atopa a unha menor deambulando soa por Nigrán

Unha unidade da Garda Civil de Trafico de Porriño localizou as 12:15 h. deste...

Xulgan este mércores aos dous acusados de roubar 117.500 euros nun Abanca de Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulga este mércores,...

Un mozo enfróntase a 3 anos de prisión por tocamentos a unha moza en Vigo, á que ameazou cunha arma simulada

Un mozo enfróntase á pena de 3 anos de prisión como presunto autor dun...

Licitados por case un millón de euros os estudos do tramo de AVE entre O Porriño e a fronteira portuguesa

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable informou este venres da licitación, por case...