InicioSucesosO condutor dun furgón dáse á fuga tras arroiar un ciclista na...

O condutor dun furgón dáse á fuga tras arroiar un ciclista na Guarda

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un furgón arroiou un ciclista na Guarda este xoves ao redor das 11,15 horas e, posteriormente, fuxiu do lugar dos feitos.

Segundo o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE 112), o ciclista resultou ferido como consecuencia o suceso, que tivo lugar na estrada que une a localidade con Baiona.

Varios particulares que foron testemuñas do suceso informaron o servizo de emerxencias galego de que o condutor do furgón fuxira tras o accidente.

Así mesmo, ata o lugar dos feitos desprazáronse os servizos sanitarios de urxencia e axentes da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico.

ÚLTIMAS

Un SMS que parecía do banco: así estafaron máis de 1,14 millóns de euros a 130 persoas nunha trama cunha detida en Vigo

Unha mensaxe no teléfono móbil, unha suposta transferencia bancaria fraudulenta e unha chamada urxente...

Vigo crea ‘A Navideña’, unha “Compostelana” que acredita a visita á cidade durante as festas

OO alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou a creación de "A Navideña", un certificado...

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...