InicioSucesosInterceptan a un condutor sen carné que circulaba drogado pola A-55

Interceptan a un condutor sen carné que circulaba drogado pola A-55

Xa pesaba sobre el unha condena xudicial que lle prohibía conducir.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil interceptou na noite do pasado venres a un home de 43 anos que circulaba pola autovía A-55 sen seguro no seu coche e que carecía de licenza para conducir, permiso que nunca obtivo e polo que xa fora denunciado noutras ocasións. Ademais, unha vez detido, o individuo deu positivo na proba de alcoholemia e drogas.

Segundo informa o Instituto Armado, o teléfono de emerxencia da Garda Civil (062) recibiu varias chamadas ao fío das 22,00 horas do venres alertando de que había un vehículo que circulaba de forma “errática” pola A-55 en dirección Portugal.

Axentes da Garda Civil do Porriño localizaron este vehículo cando circulaba moi lentamente pola autovía á altura do punto quilométrico 29. A patrulla desviou ao condutor pola saída máis próxima e, finalmente, foi interceptado e inmobilizado na estrada PO-340, en Tui.

Así, o condutor, de 43 anos e veciño de Vigo, arroxou positivo na proba de alcoholemia e drogas. Ademais, os axentes da Benemérita descubriron que sobre el pesaba unha condena xudicial que lle prohibía conducir até o próximo mes de novembro ao ser interceptado “varias veces” manexando o seu vehículo sen licenza.

A Garda Civil informa que este home “nunca” obtivo o permiso de conducir e pilotaba o seu coche sen que este tivese o perceptivo seguro obrigatorio. Os axentes de Tráfico remitiron as dilixencias ao Xulgado de Instrución número 1 de Tui, onde o investigado deberá comparecer para afrontar varias denuncias administrativas.

ÚLTIMAS

Así será a Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo: 11 carrozas e moita fantasía

A Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo sairá o luns sobre as 18.00 horas...

Vigo repartiu en 2025 máis de 3.500 axudas de emerxencia para atender a 8.870 persoas

O Concello de Vigo outorgou no ano 2025 un total de 3.548 axudas de...

O PP vigués acusa a Caballero de dar un “golpe fiscal” tras pechar 2025 con 200 millóns de remanentes

O grupo municipal do PP en Vigo denunciou o "machadazo fiscal" que levará a...

Vigo apagará as luces de Nadal o 11 de xaneiro e celebra os datos de ocupación

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este venres que o acto de apagado...