InicioSucesosRecibe o alta un dos menores feridos no accidente no que morreron...

Recibe o alta un dos menores feridos no accidente no que morreron tres estudantes

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un dos menores que resultou ferido o accidente ocorrido o mércores na AP-9, á altura da parroquia viguesa de Teis e que custou a vida a tres estudantes, recibiu este venres o alta hospitalaria.

Así o confirmaron fontes do Hospital Vithas Nosa Señora de Fátima, onde fora trasladado o mozo con politraumatismos. O menor foi atendido nos servizos de Urxencia e de Traumatoloxía deste centro médico.

Este mozo, que viaxaba de copiloto no turismo, foi un dos dous ocupantes do coche que resultou ferido. O outro ferido, o condutor, M.M.V., de 18 anos de idade, permanece ingresado no Hospital Álvaro Cunqueiro da cidade olívica.

Nese sinistro perderon a vida tres estudantes, que viaxaban na parte traseira do vehículo, dous mozos e unha moza, todos estudantes do IES Mendiño de Redondela, onde as clases están suspendidas ata o luns.

Púxose en marcha un dispositivo de apoio psicolóxico tanto para as familias das vítimas como para os profesores e alumnos do centro. O Delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, apuntaba nas últimas horas ao exceso de velocidade como posible causa do sinistro, no que o turismo se saíu da vía e envorcou tras impactar contra un alicerce e un gardarraíl. O condutor do coche deu negativo nas probas de alcoholemia e drogas.

ÚLTIMAS

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...

O BNG volve pedir a retirada do busto de Juan Carlos I da entrada do Concello de Vigo

O BNG de Vigo volveu a reclamar este luns a retirada "permanente e definitiva"...

Detido en Vigo por ameazar cun coitelo a outro home durante unha pelexa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 25 anos de...