InicioSucesosIncautan un arsenal de guerra nunha finca de Ponteareas

Incautan un arsenal de guerra nunha finca de Ponteareas

Parte das armas foi atopada nunha caixa forte de grandes dimensións oculta tras un dobre fondo detrás dunha libraría.

PUBLICADO O

A ‘Operación Iceberg‘, levada a cabo pola Garda Civil, saldouse coa incautación dun dos maiores arsenais de armas ilegais de Galicia no que, nun dobre fondo nunha libraría nunha vivenda, foron localizadas 84 armas de fogo e 3.411 cartuchos metálicos de diferentes calibres.

Nunha rolda de prensa celebrada na sede da Comandancia de Pontevedra, o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, destacou que “hoxe os delincuentes e terroristas teñen menos oportunidades de facer dano á nosa sociedade”, polo que felicitou á Garda Civil porque “retirar estas armas é gañar vida”.

Xunto a Losada compareceron a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba; o xeneral xefe da XV Zona da Garda Civil, Luís Francisco Rodríguez; e o tenente coronel xefe interino da Comandancia de Pontevedra, Manuel Touceda.

Segundo informaron, a operación, que segue aberta, iniciouse o pasado mes de marzo cando a Garda Civil detectou que un veciño de Ponteareas, con licenza de armas como tirador deportivo, estaba a adquirir a través de Internet pezas e accesorios para armas que non correspondían ás que posuía legalmente, e que se consideraban armas de guerra.

Parte das armas incautadas foi atopada nunha caixa forte de grandes dimensións oculta tras un sofisticado dobre fondo detrás dunha libraría, indicou o Instituto Armado. Coa autorización do Xulgado de Instrución número 2 de Ponteareas (Pontevedra) practicouse un rexistro que permitiu achar as armas de fogo ilegais ocultas nunha leira de grandes dimensións en Ponteareas e a detención do seu responsable, investigado polos supostos delitos de depósito de armas de guerra, depósito de armas, tenencia ilícita de armas prohibidas e depósito de municións.

Das 84 armas de fogo intervidas, destacaron polo seu especial perigo dez delas consideradas como de guerra: tres subfusiles, tres fusiles de asalto, dúas metralladoras, un fusil ametrallador e unha pistola metralladora.

Algunhas das armas tiñan os seus números de serie borrados ou alterados, polo que a investigación continúa aberta para pescudar a orixe das mesmas. Deste xeito, non se descarta que procedesen de roubos ou que puidesen ser introducidas ilegalmente en España. Esta investigación foi desenvolvida conxuntamente pola Xefatura de Información e o Grupo de Información da Comandancia de Pontevedra, co apoio do Servizo Cinolóxico de Madrid e da Intervención de Armas de dita Comandancia.

PICAF

Javier Losada apuntou que esta operación se enmarca dentro do Plan Integral para o Control das Armas de fogo (Picaf) da Garda Civil, para evitar o seu desvío a grupos criminais e unidades terroristas.

De feito, engadiu, “armas como as recuperadas nesta operación empregáronse en atentados terroristas, como o que se produciu en 2015 na sala Bataclán de París, cun importante número de vítimas”.

ÚLTIMAS

O BNG pide grupos e artistas locais en Castrelos, tamén como teloneiros, no canto do “autobombo” do alcalde

O grupo municipal do BNG en Vigo volveu a pedir un ano máis que o Concello...

O PP denuncia a Caballero o ocultamento “intencionado” da perda de fondos europeos para reformar o parque Camilo José Cela

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo denunciou este luns que o...

Ferido grave un home ao caer desde un tellado no que traballaba no porto pesqueiro do Berbés

Un home resultou ferido grave este luns ao precipitarse desde o tellado no que...

Detido por exhibicionismo un home que se facía tocamentos e se masturbaba na praia viguesa de Samil

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 42 anos de idade, A.D.,...