InicioSucesosLocalizada unha parella de octoxenarios desaparecidos en Vigo e desorientados

Localizada unha parella de octoxenarios desaparecidos en Vigo e desorientados

A desaparición fora denunciada pola súa filla.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo localizou na madrugada deste xoves unha parella de octoxenarios cuxa desaparición fora denunciada pola súa filla e que se atopaban desorientados e deambulando pola cidade.

Segundo informou a Policía Local, foi a filla do matrimonio a que denunciou, pouco antes da medianoite do mércores, a desaparición dos seus pais, de 86 e 83 anos, aos que tentara localizar durante todo o día sen resposta.

A muller facilitou a descrición de ambos para axilizar a súa localización, así como os datos do vehículo no que adoitaban realizar os seus desprazamentos.

Foi durante a madrugada do xoves, sobre as 2,29 horas, cando unha patrulla policial localizou a parella camiñando pola Avenida de Castelao. Tras entrevistarse con eles confirmouse a súa identidade e constatouse que se atopaban ben de saúde, pero aparentemente desorientados.

LOCALIZAN UNHA MENOR

Por outra banda, a Policía Local de Vigo interveu na tarde deste xoves na localización dunha menor, de 17 anos, que se atopaba desaparecida desde o martes, cando se ausentou do seu domicilio familiar.

Os axentes tiveron coñecemento, por intervencións previas de carácter profesional, que a desaparecida era a actual parella dun mozo de Vigo de 24 anos, polo que se trasladaron ao domicilio do home e localizaron alí á menor.

ÚLTIMAS

Tensión tras as ameazas dun home armado cun machete en Vigo

Un home armado cun machete xerou momentos de tensión en Vigo tras un incidente...

A Policía Local localiza en Salceda un veciño do Porriño desaparecido desde o xoves

A Policía Local de Salceda de Caselas localizou na tarde deste venres a Vicente...

Conxemar reúne en Vigo expertos internacionais para abordar os retos da pesca antes da apertura da feira

Vigo converterase desde este luns nun dos puntos de encontro internacionais do sector pesqueiro...

Estudantes da UVigo levan ao espazo un experimento para probar cámaras e sensores de radiación

Estudantes da Universidade de Vigo integrados na asociación UVigo SpaceLab conseguiron poñer en órbita o experimento CORTIS, unha...