InicioVal MiñorBaionaO mozo desaparecido en Baiona foi atopado co seu pai en Portugal

O mozo desaparecido en Baiona foi atopado co seu pai en Portugal

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil de Pontevedra informou do achado na tarde deste domingo de Ángel Daniel, o mozo portugués de 18 anos desaparecido desde a tarde-noite do venres en Baiona (Pontevedra), onde reside coa súa nai.

Segundo aseguran fontes da Benemérita, foi a familia do pai a que se comunicou coa da nai para comunicarlle de que o mozo estaba no país veciño. De igual modo, as autoridades portuguesas confirmaron á Garda Civil a localización do novo.

O mozo marchou da casa “sen dar explicacións á noitiña”, segundo explicaron as fontes deste corpo de seguridade, e non era a primeira vez que desaparecía. Tal e como indicaba a familia, o mozo padece autismo.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Patrimonio autoriza a humanización do tramo máis próximo ao ascensor Halo da rúa Serafín Avendaño de Vigo

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude,...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Suspendido o transporte de ría en Vigo polas malas condicións meteorolóxicas

As navieras que operan as liñas de transporte na ría de Vigo, entre o...