InicioVigo e contornaMosPersecución nocturna en Mos de dous menores que pilotaban motocicletas de cros...

Persecución nocturna en Mos de dous menores que pilotaban motocicletas de cros sen documentación

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil de Pontevedra identificou a tres novos de Mos, dous deles menores de idade, que se deron á fuga cando foron sorprendidos pilotando tres motocicletas de cros, sen luz e para as que non tiñan documentación nin permisio de conducir.

Os tres novos foron detectados por unha patrulla de seguridade cidadá da Garda Civil de Mos ás 04,30 horas, cando circulaban sen ningún tipo de luz á altura da parroquia de Torroso. Pilotaban tres motocicletas de cros (Pit-Bike) cuxo uso está restrinxido unicamente aos circuítos pechados.

Os tres motociclistas desobedeceron os sinais de alto dos axentes e déronse á fuga campo a través. O despregamento da patrulla de Mos para bater a zona foi determinante para que os fuxidos optasen por abandonar as motos no monte e tratar de esconderse entre a maleza.

Horas máis tarde, co apoio de efectivos do posto do Porriño, púidose localizar a un dos pilotos escondidos entre os matos. Resultou ser un mozo, menor de idade –14 anos–, veciño de Mos. Ao chegar á súa casa atoparon á nai co outro mozo, de 16 anos, que a avisou para que o fose a recoller.

As xestións concluíron á mañá seguinte cando se localizou no monte a un terceiro piloto, neste caso un mozo de 20 anos, tamén veciño de Mos. Ningunha das motos tiña documentación que lle permitise circular pola vía pública nin eles dispuñan do correspondente permiso de conducir.

Finalmente, informóuselles da súa condición de investigados como supostos autores, cada un deles, dun presunto delito contra a seguridade viaria, quedando as motocicletas depositadas a disposición xudicial. As dilixencias instruídas entregáronse no Xulgado de Instrución de garda do Porriño e na Fiscalía de Menores.

ÚLTIMAS

Intervida unha narcolancha cando era transportada nun camión en Mos

A Garda Civil de Pontevedra interveu unha posible narcolancha que estaba a ser transportada...

Ábrese o prazo de exposición pública para a revisión de autorización ambiental de CZ Vacines (Zendal) no Porriño

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución pola que se...

Caballero recibe de Defensa a Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco

O Ministerio de Defensa concedeu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a Gran Cruz...

A vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse contra a “emerxencia habitacional”

Alianza Pola Vivenda convocou mobilizacións para este venres nas cidades de Vigo e Ourense...