InicioVigo e contornaMosTres detidos pola subtracción de máis de 1.800 palés en Mos que...

Tres detidos pola subtracción de máis de 1.800 palés en Mos que estaban nunha empresa de Ponteareas

Investigado por un delito de receptación o propietario da empresa que comprou os palés.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Tres persoas foron detidas e catro investigadas –tres por un delito continuado de furto e outra por un delito de receptación– nunha operación levada a cabo pola Garda Civil durante os últimos meses que permitiu a recuperación de máis de 1.800 palés que foran subtraídos nunha empresa do polígono industrial Arrufana, no municipio de Mos.

Segundo informou o Instituto Armado, as investigacións levadas a cabo polos efectivos da patrulla Fiscal e de Fronteiras da Garda Civil de Vigo iniciáronse por mor da denuncia presentada a finais do pasado mes de xaneiro polo furto de 1.890 palés de madeira almacenados no exterior das instalacións dunha empresa no polígono industrial da Arrufana que se dedica á almacenaxe, loxística e distribución no sector do automóbil. Os palés están valorados polo denunciante en 23.681 euros.

Un mes despois da denuncia as distintas liñas de investigación abertas confluíron nunha empresa situada no termo municipal de Ponteareas como receptadora dos palés.

As hipóteses confirmáronse a principios deste mes, indicou a Benemérita, cando a Garda Civil se personou nesta empresa e localizou os palés apilados dentro do recinto. Por iso, procedeu á inmovilización e precinto de case 1.300 unidades, que “tiñan as mesmas características de tamaño, cor e marca que os subtraídos”, abundou.

Por mor da localización dos palés procedeuse á investigación da persoa que rexenta a empresa por un suposto delito de receptación e proseguiron as pescudas para chegar á identificación e localización dos presunto autores do furto.

As hipóteses que manexaban os investigadores sobre as distintas autorías “contrástanse coas copias das notas de entrega que documentan a adquisición e compra de 1.756 palés nesta empresa”, apuntou o Instituto Armado.

VECIÑOS DE VIGO E O PORRIÑO

Con iso, confirmouse a identidade dos vendedores como presuntos autores materiais das subtraccións, o que levou á detención de tres persoas e a investigación doutras tres por un suposto delito continuado de furto.

A Garda Civil concretou que se trata de catro veciños de Vigo e dous do Porriño con idades comprendidas entre os 22 e os 56 anos que, aínda que nalgúns casos coñecíanse e intercambiaban información sobre o emprazamento dos palés, “actuaban de forma independente”. A maior parte deles teñen antecedentes policiais por delitos contra o patrimonio.

A totalidade dos palés recuperados, 1.271 nesta empresa de Ponteareas e outros 71 que xa vendera a outra empresa, foron restituídos ao seu lugar de procedencia, despois de ser identificados o seu propietario.

Pola súa banda, as dilixencias instruídas en relación con estes feitos foron entregadas no Xulgado de Instrución número 3 do Porriño, en funcións de garda.

ÚLTIMAS

O poder arredor da mesa: quen está detrás do Foro da Toxa?

Empresas, banca, enerxía, tecnoloxía e obra pública nun foro no que tamén se reúnen...

Tenta queimar a unha persoa sen fogar en Vigo por ser “estranxeira” e logo vai tomar un café

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un varón de 53 anos, de nacionalidade...

Xulgan a unha empregada do fogar que subtraeu xoias e obxectos por case 75.000 euros dunha vivenda en Vigo

A sede viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra xulgará o vindeiro mércores, día 23,...

A Audiencia de Pontevedra celebra a audiencia preliminar contra un home acusado de insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo

A sección viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o vindeiro mércores a audiencia...