InicioSucesosUnha pota esquecida no lume provoca un incendio e o desaloxo dun...

Unha pota esquecida no lume provoca un incendio e o desaloxo dun edificio en Vigo

A cidade amenceu con outros dous incendios, un nun bar e outro nunha casa en obras.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha pota esquecida ao lume foi a causa dun incendio que obrigou aos veciños dun edificio a abandonar as súas vivendas e desaloxar o inmoble na noite deste domingo en Vigo.

Segundo informou o 112 Galicia, este incendio sucedeu na rúa Travesa de Vigo, á altura do número 78. Foi un particular quen contactou co servizo de emerxencias sobre as 23,10 horas deste domingo para informar do sucedido.

O alertante relatou que o edificio estaba cheo de fume e descoñecía de onde saía. Ademais, advertiu de que ningunha persoa se atopaba afectada o fume. Por iso, o 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento da Policía Local e dos Bombeiros de Vigo, que sufocaron o incendio na vivenda afectada.

INCENDIO EN TERRAZA

Por outra banda, tamén en Vigo, uns minutos antes das 1,00 horas deste luns varias persoas chamaron ao 112 Galicia para informar dun incendio nunha terraza dunha cafetaría na rúa Urzáiz.

Segundo informouse ao CIAE 112, había fume e chamas no exterior do establecemento e o material da terraza estaba a arder. Por iso, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias pasou o aviso aos Bombeiros de Vigo, ao 061 e á Policía Local.

Tras finalizar os labores de extinción, os bombeiros confirmaron que, ademais dalgunhas mesas exteriores, ardeu tamén o toldo do local e estalou o vidro da cafetaría.

CASA EN OBRAS

Por outra banda, tamén na madrugada deste luns o 112 Galicia tivo coñecemento doutro incendio na rúa San Xoán do Monte, en Vigo, mediante a chamada dunha persoa particular.

No seu relato, o alertante informou que a planta baixa dunha casa en obras ardía á altura do número 70. Tras ter constancia dos feitos, o 112 Galicia alertou aos Bombeiros de Vigo e á Policía Local.

Os servizos de extinción confirmaron que se tratou dun incendio nunha casa en obras que non tiña mobles e que ardeu unha neveira, ademais de danos materiais causados polo fume na estrutura da inmoble.

ÚLTIMAS

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...

Rede de Mulleres manifestarase o 25N en Vigo: “Estamos a sufrir un retroceso que non podemos permitir”

A Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo mobilizarase o vindeiro...

Stellantis Vigo inicia a produción en serie da nova versión das súas furgonetas compactas

Stellantis Vigo comezou a produción en serie da nova versión Smart Compact Van dos...

“Vigo ten unha oportunidade”: Louzán abre a porta ao Mundial de 2030 e anuncia unha visita a Balaídos

O presidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), Rafael Louzán, destacou este xoves...