InicioSucesosAtopan nunha web de coleccionismo o cáliz da igrexa de Tebra, roubado...

Atopan nunha web de coleccionismo o cáliz da igrexa de Tebra, roubado en 1984

A Garda Civil conseguiu localizar en Madrid un cáliz substraído na igrexa de Tebra, en Tomiño (Pontevedra), no ano 1984, segundo informou este venres o Instituto Armado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil conseguiu localizar en Madrid un cáliz subtraído na igrexa de Tebra, en Tomiño, no ano 1984, segundo informou este venres o Instituto Armado. A denuncia do párroco desta parroquia de Tomiño facilitou unha operación na que participaron os equipos de Policía Xudicial da Garda Civil de Tui, Pontevedra e Madrid.

O sacerdote informara no posto da Garda Civil de Tomiño en marzo do ano pasado que o cáliz roubado se correspondía cun que se estaba anunciado nunha páxina web para coleccionistas.

Grazas a esta información, e en colaboración cos equipos de Policía Xudicial, o Instituto Armado recuperou esta obra de arte catalogada no obispado da Diócese de Tui-Vigo. Trátase dun cáliz de prata coa inscrición gravada do nome da súa parroquia, Tebra, obra do prateiro Pedro Antonio Carabelo.

A Garda Civil identificou ao actual propietario, que declarou comprar a peza por uns mil euros a unha terceira persoa con domicilio en Murcia.

A investigación realizada pola Garda Civil confirmou que os dous últimos propietarios do cáliz adquirírano a anticuarios, achegando a correspondente factura.

O equipo de Policía Xudicial de Tui entregou este venres o cáliz ao cura párroco de San Salvador de Tebra, en calidade de depositario, facéndolle saber que a peza se atopa a disposición do xulgado de Instrución número 3 de Tui.

ÚLTIMAS

Detido un home tras acceder ao Hospital Povisa armado cun coitelo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo procederon este luns á detención dun...

O trastaravó do Papa León XIV era do Porriño

O cóengo-arquiveiro da Catedral de Tui, Avelino Bouzón, publicou unhas pescudas nas que confirma...

O BNG de Vigo propón converter a antiga estación de buses nun centro sociocultural e aparcadoiro público

O grupo municipal do BNG de Vigo presentou este luns unha proposta para transformar...

O Sergas nega o colapso das Urxencias en Vigo e asegura que a atención está garantida

O Sergas saíu ao paso das denuncias do persoal e do alcalde de Vigo...