InicioSucesosUn ferido excarcerado tras chocar un coche e un autobús na Gran...

Un ferido excarcerado tras chocar un coche e un autobús na Gran Vía

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os Bombeiros de Vigo excarceraron ao ocupante dun turismo que quedou atrapado no interior do vehículo tras sufrir un accidente cun autobús na Gran Vía este venres. Segundo informou o 112 Galicia, foron dous as persoas trasladadas ao hospital por Urxencias Sanitarias.

Foron varios particulares os que alertaron ao 112 Galicia do ocorrido pasadas as 22.15 horas e indicaron que o turismo chocara contra un autobús e, posteriormente, contra un farol. No momento da chamada, unha persoa permanecía atrapada no interior do coche.

Ata o lugar desprazáronse os servizos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vigo e os axentes da Policía Local. Os bombeiros lograron liberar ao ocupante do turismo, que foi evacuado ao hospital, do mesmo xeito que o outro ferido o accidente.

ÚLTIMAS

Abel Caballero xa pon data ao Nadal de Vigo: 12 millóns de luces, 500 rúas iluminadas e novidades para o gran acendido do 14...

Vigo xa ten data para un dos momentos máis agardados do seu calendario festivo:...

O BNG de Vigo pide a Caballero que esixa á Xunta a suspensión dos PIA do Ofimático e Santa Cristina

O BNG de Vigo pediu ao alcalde, Abel Caballero, que esixa á Xunta de...

Caballero denuncia que a Xunta pida agora máis documentación para utilizar auga rexenerada

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou que a Xunta pida agora máis documentación...

Multas de 200 euros nas zonas de baixas emisións de Vigo? O PP esixe a Caballero que aclare se cumprirá a súa promesa

A implantación das zonas de baixas emisións en Vigo volve abrir un debate sobre...