InicioSucesosDous anos e tres meses de prisión para o home que atracou...

Dous anos e tres meses de prisión para o home que atracou e feriu a unha taxista en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O home que asaltou e feriu unha taxista en Vigo aceptou dous anos e tres meses de prisión como autor dun delito de roubo con violencia e doutro de lesións, e terá que indemnizar a vítima polos danos causados e polo diñeiro subtraído.

Na vista de conformidade celebrada esta mañá na sección penal, praza 3, do Tribunal de Instancia de Vigo, o home, que está na prisión da Lama e interveu por videoconferencia, recoñeceu os feitos e aceptou dous anos e tres meses de cárcere. Tamén terá que aboar unha multa de 20 euros.

Segundo o escrito de acusación da Fiscalía, os feitos remóntanse á tarde do pasado 9 de abril, cando este home colleu o taxi na parada da rúa Ecuador, ao lado do Corte Inglés, e pediulle á condutora que o levase á rúa Cortellas, no barrio de Lavadores. Unha vez alí, sacou unha navalla e, poñéndolla á altura da cara, esixiulle á taxista que lle entregase a recadación dese día, un total de 350 euros. Ademais, arrincoulle das mans un monedeiro que contiña outros 50 euros e causoulle á muller un corte superficial na meixela e nun dedo.

Por estes feitos, o ministerio público solicitaba ata 4 anos e 9 meses de cárcere, aínda que finalmente a pena foi rebaixada.co solicitaba ata 4 anos e 9 meses de cárcere, aínda que finalmente a pena foi reducida.

ÚLTIMAS

O poder arredor da mesa: quen está detrás do Foro da Toxa?

Empresas, banca, enerxía, tecnoloxía e obra pública nun foro no que tamén se reúnen...

Tenta queimar a unha persoa sen fogar en Vigo por ser “estranxeira” e logo vai tomar un café

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un varón de 53 anos, de nacionalidade...

Xulgan a unha empregada do fogar que subtraeu xoias e obxectos por case 75.000 euros dunha vivenda en Vigo

A sede viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra xulgará o vindeiro mércores, día 23,...

A Audiencia de Pontevedra celebra a audiencia preliminar contra un home acusado de insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo

A sección viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o vindeiro mércores a audiencia...