InicioSucesosTapiada por orde xudicial a narcovivenda da rúa Aragón, onde foi detido...

Tapiada por orde xudicial a narcovivenda da rúa Aragón, onde foi detido un home

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional executou a orde do xulgado para clausurar e tapiar unha vivenda na contorna da rúa Aragón de Vigo, que foi rexistrada hai uns días e onde se detivo a un home (para quen se acordou ingreso en prisión) por un delito contra a saúde pública. Así, ao día seguinte da entrada e rexistro e da detención do home, os axentes acudiron a esta narcovivenda, onde se ‘cociñaba’ e preparaba droga, para proceder ao peche e tapiado, en base á medida acordada polo tribunal de instancia, sección de instrución, praza 2 de Vigo.

No marco desta investigación, o pasado 27 de agosto entrouse no inmoble e detívose a un home. Así mesmo, os axentes incautáronse de 30 gramos de heroína, 42 gramos de haxix, 2 gramos de cocaína, e mil euros en efectivo, ademais dos utensilios para preparar os estupefacientes. A medida de tapiar unha narcovivenda xa se adoptou o pasado mes de abril, nun inmoble da zona de Praza da Miñoca, no marco doutra investigación policial contra o tráfico de drogas.

ÚLTIMAS

A irmá de Humberto Baena pide a Caballero unha homenaxe oficial en Vigo

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena, un dos últimos fusilados pola ditadura...

A Xustiza dá a razón aos feirantes do Porriño e anula parte das bases das festas do Cristo: outro ano sen atraccións

O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra estimou parcialmente un recurso interposto pola...

Prisión para un home que ameazou cunha arma a unha muller e aos seus fillos na área de Vigo

A Garda Civil detivo na área de Vigo un home de 43 anos por...

Tres feridos leves nun accidente na Gran Vía de Vigo que terminou cun coche envorcado

Tres persoas sufriron feridas leves na noite deste domingo despois dun accidente entre dous...