InicioSucesosSusto en Nigran tras a caída de dous balcóns dun edificio de...

Susto en Nigran tras a caída de dous balcóns dun edificio de Playa América

Non houbo feridos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os veciños dun edificio de Playa América, en Nigrán espertaron este mércores cun gran estrondo, despois de que se derrubasen dous balcóns do inmoble que, por sorte, non causaron feridos. Segundo informou a Europa Press o rexedor municipal, Juan González, o incidente produciuse sobre as 7.00 horas, cando os veciños escoitaron un forte ruído procedente do exterior e “creron que fora un accidente de tráfico”.

En realidade, un balcón do segundo andar (o edificio ten baixo cuberta e dúas alturas) nun dos lados do inmoble veu abaixo e, ao desprenderse, arrastrou o balcón que había debaixo, caendo ambas as estruturas nunha especie de terraza interior na planta baixa.  O alcalde confirmou que as consecuencias se limitan aos danos materiais e que até o lugar acudiron axentes da Policía Local, o arquitecto municipal e el mesmo. Para evitar males maiores, procedeuse a adoptar medidas cautelares de seguridade, como valar a zona e precintar outros dous balcóns máis do inmoble (situados noutra das fachadas do edificio) de maneira preventiva.

Despois destas primeiras actuacións, contactarase coa propiedade do edificio para que adopte as medidas oportunas e revise o resto das estruturas.

ÚLTIMAS

Tenta queimar a unha persoa sen fogar en Vigo por ser “estranxeira” e logo vai tomar un café

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un varón de 53 anos, de nacionalidade...

Xulgan a unha empregada do fogar que subtraeu xoias e obxectos por case 75.000 euros dunha vivenda en Vigo

A sede viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra xulgará o vindeiro mércores, día 23,...

A Audiencia de Pontevedra celebra a audiencia preliminar contra un home acusado de insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo

A sección viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o vindeiro mércores a audiencia...

Agtamar e Emafega reclaman ao Porriño que “deixe de poñer trabas” ás atraccións das festas do Cristo

A Asociación Galega de Traballadores Autónomos e do Mar (Agtamar-UPTA) e a Asociación de...