InicioSucesosUn ciclista resulta ferido tras ser atropelado por un coche en Valadares,...

Un ciclista resulta ferido tras ser atropelado por un coche en Valadares, en Vigo

O accidente produciuse ao mediodía deste sábado e o afectado permanecía consciente e con mobilidade cando foi atendido polos servizos sanitarios.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un ciclista resultou ferido este sábado nun accidente de tráfico rexistrado no barrio vigués de Valadares, onde foi atropelado por un coche. Segundo a información recollida polo 112 Galicia, a persoa afectada permanecía consciente e con mobilidade no momento de ser atendida. O suceso produciuse arredor das 12.00 horas. O aviso ao centro de emerxencias deuno o propio 061, que se desprazou ata o lugar para prestar asistencia sanitaria ao ferido. Ata o punto tamén acudiron axentes da Policía Local de Vigo. Unha vez atendida a emerxencia, o persoal sanitario informou ao 112 de que o ciclista estaba ferido, pero podía sentar, xa que conservaba a mobilidade e permanecía consciente.

ÚLTIMAS

Concentración en homenaxe a Maricarmen e contra a “especulación” que “forzou a súa morte” en Vigo

A Alianza pola Vivenda de Vigo, plataforma integrada por varios colectivos sociais, convocou para...

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...