InicioSucesosDúas persoas feridas nunha saída de vía en Ponteareas

Dúas persoas feridas nunha saída de vía en Ponteareas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dúas persoas resultaron feridas a última hora deste domingo nun accidente de tráfico rexistrado no municipio pontevedrés de Ponteareas.

Segundo a información do Centro Integrado de Atención a Urxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu pasados uns minutos das 22,00 horas no quilómetro 1 da PO-254, onde o vehículo accidentado saíuse da vía.

Ata a zona desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico, do GES e dos Bombeiros de Ponteareas, da Policía Local e de Protección Civil, así como persoal sanitario do 061, que trasladou a dúas persoas feridas ao Hospital do Castro.

ÚLTIMAS

‘Eterno 10’: así se chama a escultura de Iago Aspas que se instalará xunto ao estadio de Balaídos

Hai futbolistas que transcenden os resultados dun partido, os títulos e as estatísticas para...

A Seguridade Social responsabiliza Stellantis por unha doenza profesional en Vigo e impón un recargo do 30 % nas prestacións

A saúde laboral volve situarse no centro do debate sobre as condicións de traballo...

Caballero di agora que “pide que o Goberno de España pague” parte das obras necesarias para ser sede do Mundial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, dixo este mércores que el "pide que o...

“Non permitiremos un réxime do medo”, sindicatos e movementos sociais condenan o ataque á sede de UGT de Vigo

Sindicatos, movementos sociais e partidos políticos de esquerda volveron condenar este mércores o ataque...