InicioSucesosDetido por ameazar cun martelo a unha octoxenaria en Teis para roubar...

Detido por ameazar cun martelo a unha octoxenaria en Teis para roubar na súa vivenda

PUBLICADO O

- Advertisement -

Detido o presunto autor dun roubo con violencia perpetrado nunha vivenda do barrio de Teis, en Vigo. O home supostamente ameazou á dona, de 80 anos, cun martelo e un coitelo. Tal e como trasladou a Policía Nacional nunha nota de prensa, os feitos tiveron lugar en metade da noite do pasado 30 de xuño, cando un individuo supostamente accedeu ao interior dunha vivenda.

Alí, sorprendeu á moradora durmindo, espertándoa de forma “agresiva” esixíndolle diñeiro mentres a ameazaba cun martelo e un coitelo de “grandes dimensións”. A continuación, o asaltante obrigou á vítima a percorrer as estancias da vivenda en busca de diñeiro. Finalmente conseguiu facerse con 150 euros en efectivo, un teléfono móbil, e outros obxectos.

Tras facerse co botín, o presunto autor abandonou a vivenda, deixando á vítima nun estado de “gran nerviosismo” e sen o seu teléfono móbil. A muller saíu ao exterior solicitando auxilio, sendo asistida por un veciño que alertou aos servizos policiais. Neste contexto, o grupo UDEV-Roubos da da Comisaría de Policía Nacional de Vigo-Redondela fíxose cargo da investigación, logrando identificar ao presunto autor en menos de 24 horas, a quen se detivo a mañá do pasado 1 de xullo.

Por mor da mesma, tamén se detivo a outros dous individuos, en compaña dos cales o primeiro perpetraría outro roubo con forza o pasado mes de abril noutra vivenda da cidade olívica. Naquel caso, o roubo foi perpretado tamén de noite, aínda que non había persoas no interior da vivenda. Con todo, os tres detidos foron postos a disposición do Xulgado de Garda de Vigo que decretou o ingreso en prisión provisional do presunto autor do roubo con violencia e intimidación.

ÚLTIMAS

Abel Caballero xa pon data ao Nadal de Vigo: 12 millóns de luces, 500 rúas iluminadas e novidades para o gran acendido do 14...

Vigo xa ten data para un dos momentos máis agardados do seu calendario festivo:...

O BNG de Vigo pide a Caballero que esixa á Xunta a suspensión dos PIA do Ofimático e Santa Cristina

O BNG de Vigo pediu ao alcalde, Abel Caballero, que esixa á Xunta de...

Caballero denuncia que a Xunta pida agora máis documentación para utilizar auga rexenerada

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou que a Xunta pida agora máis documentación...

Multas de 200 euros nas zonas de baixas emisións de Vigo? O PP esixe a Caballero que aclare se cumprirá a súa promesa

A implantación das zonas de baixas emisións en Vigo volve abrir un debate sobre...