InicioSucesosAchan sen vida unha muller de avanzada idade nun regato en Vigo

Achan sen vida unha muller de avanzada idade nun regato en Vigo

A vítima precipitouse por un terraplén nas proximidades da súa vivenda, na parroquia de Bembrive.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha muller de avanzada idade foi achada sen vida nun regato na parroquia viguesa de Bembrive. Segundo a información recollida polo 112 Galicia na chamada que alertou do sucedido, a falecida precipitouse por un terraplén nas proximidades da súa vivenda. A dificultade do terreo fixo necesaria a intervención dos equipos de rescate para acceder á vítima. Foi un familiar da muller quen alertou o 112 Galicia arredor das 13.40 horas do domingo e explicou o sucedido no Camiño da Pedrosa. Deste xeito, o 112 Galicia solicitou a intervención dos Bombeiros de Vigo pola complexidade de acceso ao lugar, ademais de informar os axentes da Policía Nacional e da Policía Local.

ÚLTIMAS

Caballero di agora que “pide que o Goberno de España pague” parte das obras necesarias para ser sede do Mundial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, dixo este mércores que el "pide que o...

“Non permitiremos un réxime do medo”, sindicatos e movementos sociais condenan o ataque á sede de UGT de Vigo

Sindicatos, movementos sociais e partidos políticos de esquerda volveron condenar este mércores o ataque...

O cidadán “exemplar” de Vigo: entrega á Policía 400 euros que atopou no caixeiro

Un cidadán entregou á Policía Nacional 400 euros que atopara na rañura dun caixeiro...

O RC Celta de Vigo multado con 5.000 euros por vender alcol nos palcos VIP

A Comisión Permanente da Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e...