InicioSucesosTentan endereitar o pesqueiro encallado nun estaleiro de Vigo

Tentan endereitar o pesqueiro encallado nun estaleiro de Vigo

Non hai feridos, nin verteduras.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O pesqueiro ‘Pepe Barreiro’ permanece encallado e escorado na rampla de varada do estaleiro J.M. Armada (antigo Estaleiros e Varaderos Montenegro) –tras producirse un problema na manobra de subida á bancada nas últimas horas–, á espera de que poida ser endereitado, segundo confirmaron fontes da Autoridade Portuaria de Vigo.

O barco chegou ao estaleiro, situado no barrio vigués de Teis, para a realización de labores de mantemento, pero ao subir á bancada quedou encallado por un problema mecánico. Ningunha persoa resultou ferida neste incidente.

Fontes do Porto de Vigo explicaron que, a pesar da notable inclinación, non se produciu ningún tipo de vertedura e “estanse adoptando todas as medidas de precaución”. A Capitanía Marítima de Vigo asumiu o seguimento da situación, á espera de que se adopte a mellor solución para endereitar a embarcación.

ÚLTIMAS

Abel Caballero xa pon data ao Nadal de Vigo: 12 millóns de luces, 500 rúas iluminadas e novidades para o gran acendido do 14...

Vigo xa ten data para un dos momentos máis agardados do seu calendario festivo:...

O BNG de Vigo pide a Caballero que esixa á Xunta a suspensión dos PIA do Ofimático e Santa Cristina

O BNG de Vigo pediu ao alcalde, Abel Caballero, que esixa á Xunta de...

Caballero denuncia que a Xunta pida agora máis documentación para utilizar auga rexenerada

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou que a Xunta pida agora máis documentación...

Multas de 200 euros nas zonas de baixas emisións de Vigo? O PP esixe a Caballero que aclare se cumprirá a súa promesa

A implantación das zonas de baixas emisións en Vigo volve abrir un debate sobre...