InicioSucesosDetido un traballador dunha residencia de maiores de Vigo polo suposto roubo...

Detido un traballador dunha residencia de maiores de Vigo polo suposto roubo de xoias a unha usuaria

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron un home, traballador dunha residencia de maiores, como presunto autor do roubo de xoias a unha usuaria do centro de 92 anos. Segundo informaron fontes policiais, os feitos remóntanse ao pasado 23 de abril, cando un home denunciou a desaparición dunha cadea e dun colgante de ouro valorados en máis de 2.000 euros e que pertencían á súa nai, residente nun centro asistencial.

As investigacións permitiron localizar as xoias roubadas en dous establecementos de compra e venda. Ambas as pezas foran entregadas por un traballador da residencia de maiores. A Policía comprobou tamén que o investigado vendera outras pezas de ouro en cinco operacións máis realizadas noutros comerzos de compra e venda, polo que a investigación continúa aberta para determinar a procedencia desas xoias.

O home foi detido por presunto hurto e estafa e posto a disposición xudicial. A actuación correu a cargo de axentes do grupo operativo UDEV-Robos da Policía Xudicial da Comisaría de Vigo. A Policía recordou medidas de prevención para evitar este tipo de roubos e recomenda que as xoias e obxectos de especial valor “se conserven ben gardados, preferibelmente en lugares seguros e non accesibles ao público”. Ademais, convén que cada peza estea debidamente identificada cunha descrición detallada e unha fotografía actualizada, o que facilita a súa localización no caso de sustracción.

“Se algún residente, familiar ou traballador detecta a desaparición de obxectos persoais ou calquera indicio de actividade delituosa, é fundamental denuncialo canto antes para facilitar a localización e evitar que outras persoas poidan resultar prexudicadas”, engadiu a Policía.

ÚLTIMAS

Concentración en homenaxe a Maricarmen e contra a “especulación” que “forzou a súa morte” en Vigo

A Alianza pola Vivenda de Vigo, plataforma integrada por varios colectivos sociais, convocou para...

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...