Tres voos que tiñan previsto aterrar no aeroporto de Peinador, en Vigo, foron desviados ao longo da xornada debido ás condicións meteorolóxicas adversas, segundo confirmaron fontes de Aena a Europa Press. En concreto, un voo de Air Europa que cubría a ruta Madrid–Vigo tivo que regresar ao aeroporto de Barajas, mentres que outro voo de Binter, con orixe en Gran Canaria e destino Vigo, foi desviado ao aeroporto da Coruña. Así mesmo, un terceiro avión de Iberia, tamén procedente de Madrid, viuse obrigado a volver á capital estatal sen poder completar a aterraxe en Peinador.
A meteoroloxía obriga a desviar tres voos con destino Peinador
Dous avións procedentes de Madrid regresaron á capital e outro, con orixe en Gran Canaria, foi redirixido ao aeroporto da Coruña.
PUBLICADO O
- Advertisement -
