A Policía Local de Vigo detivo nas últimas horas a dous homes sobre os que pesaban ordes de detención emitidas por xulgados da cidade. Segundo informou o corpo policial, a primeira intervención tivo lugar na mañá do pasado sábado na praza de Santa Rita, onde os axentes observaron a dous homes portando unha botella de cervexa aberta e consumindo alcol na vía pública.
Ao decatarse da presenza policial, ambos aceleraron o paso, mantendo unha actitude “nerviosa e fuxitiva”. Ante esta situación, procedeuse á súa identificación. Un dos homes mostrou o DNI, mentres que o outro facilitou datos verbais confusos, aínda que finalmente puido ser correctamente identificado. Nese momento, os axentes comprobaron que sobre el pesaba unha orde de procura e detención decretada polo Xulgado do Penal número 1 de Vigo, polo que foi detido.
Por outra banda, na madrugada deste luns, na rúa Cachamuíña, a Policía Local interveu ao identificar a tres persoas que estaban a discutir tras consumir alcol e drogas. Durante a actuación, os axentes comprobaron que un dos implicados, un home de 60 anos, tiña en vigor unha orde de detención, polo que tamén foi arrestado. Ademais, outro dos identificados contaba cunha orde de investigación de paradoiro, polo que os axentes realizaron os trámites correspondentes conforme ao procedemento establecido.
Compartir:
- Compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva) Facebook
- Share on X (Se abre en una ventana nueva) X
- Share on LinkedIn (Se abre en una ventana nueva) LinkedIn
- Share on Telegram (Se abre en una ventana nueva) Telegram
- Share on WhatsApp (Se abre en una ventana nueva) WhatsApp
- Share on Mastodon (Se abre en una ventana nueva) Mastodon
- Share on Bluesky (Se abre en una ventana nueva) Bluesky
