InicioSucesosUn choque de dúas lanchas remata con dous feridos en Baiona

Un choque de dúas lanchas remata con dous feridos en Baiona

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dúas lanchas motoras chocaron este mércores no porto deportivo de Baiona e deixaron dúas persoas feridas leves, segundo informa o 112 Galicia. O suceso ocorreu antes do amencer, pouco despois das 7.00 horas, entre o peirao e o espigón do porto de Baiona. O choque provocou un amplo despregamento, de Salvamento Marítimo, Gardacostas de Galicia, o GES Val Miñor, a Garda Civil, a Policía Local e até o helicóptero Pesca I.

Os dous feridos viaxaban na mesma embarcación. Na outra ían outros dous tripulantes, que resultaron ilesos. Non foi necesario trasladar aos feridos ao hospital, foi suficiente coa atención que lles dispensou o persoal da ambulancia. Afortunadamente o que ao principio parecía ser un accidente de gravidade quedou só nun susto.

ÚLTIMAS

Temporal.- Renfe mantén a suspensión de rexionais entre Vigo Guixar e Ourense por cuarto día consecutivo

Renfe mantén, polo momento, a suspensión de circulación en trens rexionais desde Vigo Guixar...

Xulgado en Pontevedra un comercial do Porriño acusado de estafar máis de 70.000 euros en pneumáticos

A sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o vindeiro martes, 10 de...

Temporal.- Terceiro día consecutivo cos trens con orixe e destino Vigo suspendidos

Renfe confirmou que manterá para este sábado, e por terceiro día consecutivo, a suspensión...

Piden dous anos e medio de cárcere e multa de 3.000 euros para responsables dun clube de alterne de Vigo

A Fiscalía pide dous anos e medio de prisión e multa de 3.000 euros...