InicioSucesosIntervido en Vigo un pasaxeiro con 30 botes de bilis de oso

Intervido en Vigo un pasaxeiro con 30 botes de bilis de oso

A Garda Civil investígao por un presunto delito de tráfico de especies protexidas tras atoparlle tres gramos desta sustancia prohibida.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Servizo de Fiscal e Fronteiras da Garda Civil do Aeroporto de Vigo-Peinador interveu a un pasaxeiro procedencia chinesa, tres gramos de bilis de oso liofilizada distribuída en 30 botes. Segundo informou o Instituto Armado, a intervención tivo lugar durante un control rutineiro na inspección de equipaxes. Esta sustancia é usada como medicamento tradicional no sueste asiático.

A extracción de bilis de oso, segundo sinalou a Garda Civil, realízase en granxas onde aos plantígrados, como o oso negro asiático, realízanlle para a súa extracción procedementos dolorosos coa inserción repetida de catéteres ou sondas na vesícula biliar en condicións frecuentemente desalmadas.

Estes tratamento basease no uso do principio activo que é o ácido ursodesoxicólico (UDCA) para tratar cálculos biliares, cirrosis biliar primaria e colangitis esclerosante. O UDCA  sí ten recoñecidas propiedades terapéuticas, máis non é necesario obtelo dos animais xa que pode procesarse sintéticamente en laboratorio, ou con alternativas ecolóxicas xa que hai máis de 50 plantas con efectos similares como o cardo mariano ou a gardenia.

As especies de osos das que extraen a súa bilis atópanse todas elas protexidas polo Regulamento (CE) 338/97 do Consello, sobre a Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas de Fauna e Flora Silvestres (CITES) e encádranse dentro dos ANEXOS que inclúen as especies en perigo de extinción, estando o comercio destes especímenes prohibido con carácter xeral por considerarse que pode pór en perigo a especie e soamente autorizado baixo circunstancias excepcionais.

Neste contexto, o Seprona de Pontevedra fíxose cargo das dilixencias de investigación, sendo investigado o pasado 15 de setembro un cidadán chinés como autor dun suposto delito de tráfico de flora ou fauna protexida.

ÚLTIMAS

Detida en Vigo unha muller que ocultaba 100 gramos de haxix no interior da súa roupa interior

A Policía Nacional detivo na estrada de Camposancos de Vigo a unha muller que...

Detido un mozo de 19 anos tras apuñalar a outro nunha discusión en Vigo

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron este martes a un mozo de 19...

Cinco detidos en Vigo por un alixo de 200 quilos de cocaína chegado nun portacontedores desde Sudamérica

A Policía detivo a cinco persoas pola súa suposta vinculación cun cargamento duns 200...

Rubio adianta que a súa candidatura á UVigo incluirá un vicerreitorado de Innovación Tecnolóxica e non descarta novas titulacións

A candidata ao Reitorado da Universidade de Vigo (UVigo) Belén Rubio adiantou que o...