InicioSucesosDetido en Alexandre Bóveda tras dar unha malleira e tratar de estrangular...

Detido en Alexandre Bóveda tras dar unha malleira e tratar de estrangular á súa nai septuaxenaria

Cando viu aos policías, a muller abalanzouse cara a eles suplicando axuda entre saloucos, porque o seu fillo, o home que abriu a porta, queríaa matar.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, R.F.P., de 51 anos de idade, como presunto autor dun delito de violencia no ámbito familiar, despois de que, supostamente, agredise a golpes á súa nai septuaxenaria e tratase de estrangulala. Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na noite do pasado martes, cando o 092 recibiu un aviso para acudir a un domicilio da rúa Alexandre Bóveda, onde os veciños alertaban dunha pelexa nunha vivenda.

Ao chegar, os axentes escoitaron berros dun home procedentes dun domicilio e, tras chamar á porta, abriulles un home semiespido, moi alterado, que esixiu aos policías explicacións pola súa presenza, xa que “non pasaba nada”. Desde a entrada da vivenda, os funcionarios puideron comprobar que había unha porta rota, cristais polo chan e unha muller nunha estancia ao fondo (a nai, de 71 anos) chorando. Cando viu aos policías, a muller abalanzouse cara a eles suplicando axuda entre saloucos, porque o seu fillo, o home que abriu a porta, queríaa matar.

Segundo o relato da señora, o seu fillo chegara a casa moi alterado e, cando ela trataba de acougalo, el comezou a realizar xestos obscenos. Cando a nai lle advertiu de que, se seguía nesa actitude, cambiaría a fechadura para que non puidese entrar en casa, o fillo reaccionou de forma extremadamente violenta. Así, ameazouna de gravidade, rompeu unha das portas do domicilio e, co mango metálico dunha escoba propinou varios golpes á súa nai, ata que o pau dobrou. A continuación continuou a agresión con puñadas e patadas por todo o corpo e posteriormente tratou de estrangulala.

A muller comezou a gritar e a pedir axuda, e foron os seus veciños os que, alarmados, chamaron á Policía. Os axentes procederon á detención do presunto agresor, mentres que a nai foi trasladada en ambulancia ao hospital Povisa. A muller presentaba, de forma visibile, roxeces no pescozo, varias contusións e un dedo inflamado, presumiblemente por tratar de protexerse.

ÚLTIMAS

UXT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UXT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como "o mellor...

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...