InicioSucesosDetidos en Vigo os ocupantes dun coche roubado que circulaba en sentido...

Detidos en Vigo os ocupantes dun coche roubado que circulaba en sentido contrario

O condutor deu positivo en cocaína, carecía de carné e está acusado tamén de delitos contra a seguridade viaria.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron ao catro ocupantes de turismo que fora roubado en San Adrián de Cobres, en Vilaboa, e que trataran de extorsionar ao dono do vehículo.

Segundo informaron fontes policiais, o 091 recibiu un aviso durante a noite pola presenza dun coche que circulaba pola zona da Guía, en Vigo, en sentido contrario e de forma temeraria. Unha vez no lugar, os axentes déronlle o alto e identificaron os seus ocupantes, á vez que comprobaron que o turismo figuraba como roubado.

No punto tamén se presentou unha dotación da Policía Local, para proceder a realizar a proba de tóxicos ao condutor, que arroxou resultado positivo para cocaína. Ademais, esta persoa carece de permiso de conducir, ao serlle retirado.

A Policía detivo ao catro polo roubo do coche e, ademais, o condutor está a denunciar tamén por delitos contra a seguridade viaria. No interior do vehículo os axentes atoparon diversos efectos subtraídos, relacionados con outros feitos delituosos. Segundo puido comprobar a Policía, o coche fora subtraído ao descoido por parte dunha muller, cando o propietario do vehículo baixouse do mesmo para realizar unhas compras.

Posteriormente, e co turismo no seu poder, a muller tratara de extorsionar ao seu lexítimo propietario, esixíndolle 1.500 euros para devolverllo. A operación policial continúa aberta e non se descartan novas detencións.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo promete “o maior cadro de bombeiros da súa historia” no outono ante críticas por “falta de persoal”

O goberno de Vigo asegurou que o Concello está a incorporar novos profesionais de...

Os traballadores de Lugove manteñen a folga e acusan a empresa de rexeitar a negociación

O conflito laboral en Lugove, concesionaria do transporte público interurbano que conecta Vigo co...

Peinador “non vai tan mal” di Abel Caballero que reclama as mesmas axudas que recibe Santiago

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este xoves que Peinador "non vai tan...

Mantense a prohibición de baño na praia da Punta tras unha nova analítica

O Concello de Vigo mantén a prohibición de bañarse na praia da Punta, situada...