InicioSucesosFalece Jaime Cagiao, fillo de Carmen Avendaño e referente da asociación Érguete

Falece Jaime Cagiao, fillo de Carmen Avendaño e referente da asociación Érguete

A entidade destaca o seu exemplo de superación e comprométese a continuar o soño que compartía coa súa nai.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O vigués Jaime Cagiao, un do cinco fillos da fundadora da asociación Érguete, Carmen Avendaño, faleceu nas últimas horas aos 57 anos de idade como consecuencia dunha enfermidade.

Os traballadores/as e socios/as da asociación Érguete trasladaron este luns o seu pesar polo falecemento de quen cualificaron como “compañeiro” e “exemplo de superación”. “El creceu da man de Érguete, como cada un dos fillos de Carmen”, sinalaron nun comunicado, no que se recoñecen “profundamente afectados” pola perda.

Ademais de enviar o seu “agarimo” e a súa “forza” a Carmen Avendaño, unha das ‘nais contra a droga’ fundadoras da asociación hai 40 anos, os membros da entidade manifestaron o seu compromiso de manter as “ganas de loitar polo soño que (Jaime) comparte coa súa nai: unha sociedade mellor, máis xusta e con máis oportunidades para todos e todas”. “Grazas por todo Jaime. Sempre na nosa memoria e no noso traballo”, conclúe o comunicado.

Jaime Cagiao foi o segundo dos fillos de Avendaño que falece, tras a morte do seu irmán Abel en 2021. Precisamente, ambos caeron na adicción á heroína na súa mocidade e o empeño da súa nai por axudarlles e axudar a outros mozos no seu mesma situación foi o xerme da asociación Érguete, que naceu en 1985 da man de Carmen Avendaño e outras ‘nais coraxe’ contra a droga.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Patrimonio autoriza a humanización do tramo máis próximo ao ascensor Halo da rúa Serafín Avendaño de Vigo

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude,...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Suspendido o transporte de ría en Vigo polas malas condicións meteorolóxicas

As navieras que operan as liñas de transporte na ría de Vigo, entre o...