InicioSucesosEvacuado de urxencia ao Cunqueiro un pasaxeiro do cruceiro 'Indepence of the...

Evacuado de urxencia ao Cunqueiro un pasaxeiro do cruceiro ‘Indepence of the Seas’

Nos últimos días Salvamento tivo que efectuar outro rescate en Galicia, en concreto, o dunha pasaxeira do cruceiro 'Disney Fantasy'.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un pasaxeiro do cruceiro ‘Independence of the Seas’ tivo que ser evacuado de urxencia na noite deste sábado polo helicóptero Pesca I de Gardacostas de Galicia ata o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Tal e como informou Salvamento Marítimo a Europa Press, ao redor das 21.30 horas deste sábado o centro de Fisterra informou ao de Vigo sobre a necesidade de evacuar a un pasaxeiro deste barco por unha emerxencia médica.

Así, Gardacostas de Galicia mobiliza o helicóptero Pesca I para realizar a evacuación aeromédica desta persoa directamente ao hospital, onde os controladores xa xestionaran a súa recepción co 061. Así mesmo, nos últimos días Salvamento tivo que efectuar outro rescate en Galicia, en concreto, o dunha pasaxeira do cruceiro ‘Disney Fantasy’, que tivo que ser evacuada de urxencia cando a embarcación se atopaba a unhas 25 millas enfronte do municipio de Porto do Son.

ÚLTIMAS

Empregados de Vitrasa denuncian a “imposibilidade” de cumprir os “obsoletos” horarios que xeran “atrasos” en buses, especialmente durante o Nadal

O comité de empresa de Vitrasa, a concesionaria do transporte urbano de Vigo, denunciou...

Abel Caballero di que Vigo “arrastrará” a Xunta e deputación para que a cidade “sexa mundialista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que Vigo será mundialista porque...

Carmela Silva (PSdeG) critica ao PP porque “nunca confiou nin axudou” a Vigo

A candidata do PSdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra e primeira tenente de...

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...