InicioSucesosDetidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Foron sorprendidos 'in fraganti' por axentes da Policía Nacional cando trataban de acceder a un deles.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de roubos no interior de 15 vehículos, e que foron sorprendidos ‘in fraganti’ cando trataban de acceder a un deles. Segundo informaron fontes policiais, a detención produciuse neste mes de xuño, cando varias dotacións foron comisionadas para acudir á rúa Cánovas del Castillo, xa que unha testemuña alertara da presenza de dous homes tentando forzar a porta dun vehículo estacionado.

Unha vez no lugar, os axentes localizaron aos dous sospeitosos, un dos cales presentaba cortes sanguentos nas pernas e arañazos nos brazos. Ao decatarse da presenza policial, tratou de fuxir do lugar, pero foi interceptado. A Policía procedeu á detención de ambos, e interviñéronlles numerosos efectos que, supostamente, acababan de subtraer. Durante a actuación comezaron a achegarse á zona propietarios de vehículos que tiñan os portelos rotos.

Ao facer unha inspección pola zona, os axentes localizaron un total de 9 vehículos afectados. Mentres, outro indicativo, da Policía Local, atopou outros 6 coches nunha rúa próxima, que tamén foran obxecto de roubos. Ademais, algúns dos propietarios dos coches recoñeceron como seus algúns dos efectos intervidos aos sospeitosos. Os detidos foron postos a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

O Festival de Cans supera os datos da pasada edición, con 235 obras inscritas

O Festival de Cans, que celebrará o seu XXIII edición na aldea de Cans...

Falece un traballador en Mos tras caer desde altura na parroquia de Sanguiñeda

Un traballador faleceu este mércores no municipio pontevedrés de Mos tras precipitarse ao baleiro...

Longas retencións e feridos tras un aparatoso accidente entre catro coches na VG-20 de Vigo

Tres persoas resultaron feridas na mañá deste xoves tras rexistrarse un aparatoso accidente con...

Vigo traslada a gala da Reconquista ao Auditorio Mar de Vigo para ampliar o aforamento

O Concello de Vigo ultima os preparativos para a gala da Reconquista, que se...