InicioSucesosDetido tras arroiar co coche á actual parella da súa exmoza no...

Detido tras arroiar co coche á actual parella da súa exmoza no Camiño de Pinguela

O home non presentaba lesións externas pero manifestaba ter fortes dores no abdome, polo que se deu aviso ao 061.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, A.P.C., de 41 anos de idade, tras arroiar co seu coche a outro home, actual parella da súa exmoza, con quen tivera unha discusión. Segundo informou a Policía, os feitos ocorreron na noite deste martes, no Camiño de Pinguela. Unha chamada ao 112 alertou de que se estaba producindo unha acalorada discusión entre dous homes e unha muller. De camiño ao lugar, a patrulla policial foi informada de que un dos homes implicados atropelara ao outro home e se dera á fuga, quedando o ferido tendido no chan.

Cando chegaron os axentes, atopáronse co home lesionado, abrazado pola muller, que resultou ser a súa parella. O home non presentaba lesións externas pero manifestaba ter fortes dores no abdome, polo que se deu aviso ao 061. Segundo relatou a muller, o presunto autor do atropelo é o seu exparella, e explicou que se produciu unha discusión entre os tres e, cando esta parecía finalizar, subiuse ao seu vehículo e embestiu ao outro home, esmagándoo contra un muro, antes de fuxir do lugar. Cos datos do sospeitoso e da matrícula do seu coche, os axentes pescudaron o seu domicilio e presentáronse alí. Nun terreo anexo estaba o coche que utilizara para o atropelo, e o home recoñeceu que participara na discusión e que arroiara ao outro home, polo que foi detido.

ROUBO NUN BAR

Por outra banda, a Policía Local tamén detivo nas últimas horas a outro individuo, A.L.M. de 37 anos de idade, por roubar 20 euros supostamente ao dono dun bar. Os feitos ocorreron sobre as 14.20 horas, cando este home estaba nun establecemento da rúa Portela e comezou a alterarse ao asegurar que deixara 20 euros sobre a mesa e que o diñeiro desaparecera, aínda que o resto de clientes do local cuestionábano. O responsable do establecemento ofreceuse a prestarlle ese diñeiro, que presumiblemente era para gastar na máquina comecartos, coa condición de que llo devolvese noutro momento.

Pero o home quitoulle os 20 euros da man e saíu correndo. Unha das empregadas do bar, que estaba na porta, tratou de impedirlle a fuxida, pero o home empuxouna e ela caeu sobre as mesas da terraza. A Policía acudiu ao lugar e logrou localizar ao sospeitoso pouco despois, nas inmediacións dunha casa okupada na rúa Santa Cristina. O home negou o roubo e pediu acudir ao local para aclarar o malentendido, pero unha vez alí as testemuñas ratificaron que roubara o diñeiro, polo que foi detido.

ÚLTIMAS

A Xunta condena o crime do Porriño e traslada as súas condolencias a familia e achegados da traballadora social

O Goberno galego trasladou o seu "máis firme condena" ante "o...

Detido un home por matar a unha traballadora social que lles atendía a el e á súa muller en O Porriño

A Garda Civil está a investigar a morte violenta dunha traballadora social do servizo...

Usuarios denuncian o abandono das pistas de tenis de Samil, con sete delas pechadas desde hai dous anos

Usuarios do complexo deportivo municipal de Samil, en Vigo, denunciaron este martes o "abandono"...

(Vídeo) O dono do restaurante do Arenal que expulsou a turistas israelís declara ante o xuíz arroupado por unhas 200 persoas

O dono do restaurante de Vigo que expulsou a turistas israelís da súa terraza...