InicioSucesosDetido un veciño do Porriño que deu unha malleira a un septuaxenario...

Detido un veciño do Porriño que deu unha malleira a un septuaxenario para roubarlle

Grazas á intervención doutra persoa que practicaba deporte na zona, o septuaxenario foi socorrido e trasladado en ambulancia ao centro de saúde, para ser atendido das súas feridas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Vigo detivo a un home de 42 anos, veciño do Porriño, con múltiples antecedentes penais e policiais, como presunto autor dun delito de roubo con violencia, lesións e omisión do deber de socorro. A detención produciuse en relación a uns feitos ocorridos o pasado 13 de maio no Paseo do río Louro, no Porriño, onde o sospeitoso presuntamente abordou a un home de 71 anos de idade, ao que propinou diversos golpes na cabeza e no corpo.

Cando o home estaba en estado de ‘shock‘, o investigado subtraeulle 150 euros, un teléfono móbil e documentación persoal, que logo arroxou ao río. Grazas á intervención doutra persoa que practicaba deporte na zona, o septuaxenario foi socorrido e trasladado en ambulancia ao centro de saúde, para ser atendido das súas feridas. O detido, xunto ás dilixencias practicadas, foron entregados no xulgado de instrución do Porriño, que acordou a posta en liberdade do investigado, coa medida cautelar de afastamento da vítima.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...