InicioSucesosOrdenan procura e ingreso en prisión do acusado de agredir sexualmente a...

Ordenan procura e ingreso en prisión do acusado de agredir sexualmente a un home en Vigo, que non se presentou a xuízo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acordou emitir requisitoria de procura, detención e ingreso en prisión con respecto a Borja F.F., acusado dun delito de agresión sexual a un home nun aparcadoiro da cidade olívica e que non se presentou este martes ao xuízo sinalado por estes feitos.

Así o acordou a sala, tras confirmar que nin sequera o seu letrado puido porse en contacto con el, e que fora correctamente citado. Deste xeito, ordenouse a súa procura e ingreso en prisión provisional, en tanto non se celebre o xuízo, para asegurar a súa presenza ante o tribunal e dado o elevado da pena que se solicita para el (un total de 11 anos de cárcere).

Dáse a circunstancia de que o acusado xa tivo que ser buscado anteriormente, posto que tampouco se presentou á declaración indagatoria ao final da instrución da causa. Tanto a Fiscalía como a acusación particular piden que sexa condenado a 11 anos de cárcere por uns feitos que ocorreron na madrugada do 29 de maio de 2022. Segundo o escrito de acusación pública, Borja F.F. abordou á vítima na rúa e, coa escusa de que lle convidaría a consumir cocaína, levouno ata os baños do aparcadoiro de Rosalía de Castro.

Unha vez alí, tentou obrigalo a que lle fixese unha felación, ao non logralo, empuxouno e, facendo uso da forza, baixoulle os pantalóns e agrediuno sexualmente. Logo tirouno ao chan e foise do lugar, levándose o teléfono móbil da vítima. Deste xeito, as acusacións atribúenlle os delitos de agresión sexual e de roubo con violencia.

ÚLTIMAS

O BNG de Vigo propón un plan de 9,5 millóns de euros para frear os desafiuzamentos na cidade

O BNG de Vigo reclamou ao Concello a posta en marcha dun plan municipal...

A Fiscalía pide cárcere para un taxista e un albanel por senllas agresións sexuais en Vigo

A sala do Penal 3 de Vigo acollerá este mércores o xuízo contra un...

Piden 25 anos de cárcere para un home por acosar e ameazar de morte a xuíces, policías e avogados de Vigo

Un home enfróntase a penas que suman 25 anos de prisión como suposto autor...

A Audiencia de Pontevedra xulga a semana que vén a dous homes por agresións sexuais a menores

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá a vindeira semana dous xuízos...