InicioSucesosDeteñen un home en Vigo por vulnerar unha orde de afastamento dunha...

Deteñen un home en Vigo por vulnerar unha orde de afastamento dunha muller coa que estaba a discutir

Segundo relataron as testemuñas, a parella estaba no local e comezaron a intercambiarse reproches, ata que a discusión elevouse de ton e o home comezou a insultar á muller

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de idade, A.P.P., como presunto autor dun delito de quebrantamento de condena, por vulnerar unha orde de afastamento dunha muller, coa que foi sorprendido discutindo nun local da cidade.

Os feitos ocorreron o pasado domingo de madrugada, cando unha dotación policial foi requirida para acudir a un establecemento da rúa Lepanto, onde se estaba producindo unha suposta discusión de parella.

Segundo relataron as testemuñas, a parella estaba no local e comezaron a intercambiarse reproches, ata que a discusión elevouse de ton e o home comezou a insultar á muller. Un dos empregados afeoulle a conduta e, ao comprobar que unha patrulla do 092 pasaba pola zona, requiriron a presenza dos axentes.

O home tentou fuxir pero foi interceptado e identificado os axentes, que puideron comprobar que lle figuraba en vigor unha prohibición de achegarse ou comunicarse coa muller coa que estaba no local, ditada por un xulgado de Cangas. Por iso, foi detido por un suposto delito de quebrantamento de condena.

ÚLTIMAS

Xulgan a seis persoas por tráfico de drogas en Pontevedra e Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá esta semana dous xuízos por presuntos delitos de tráfico de drogas,...

Vigo reforza o investimento na biblioteca Neira Vilas e no pavillón das Travesas

O Concello de Vigo anunciou este sábado novas actuacións nos ámbitos cultural e deportivo...

Caballero sitúa a aprobación do novo PXOM “antes de Semana Santa”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este venres que o novo Plan Xeral de...

Catro estudantes do IES Castelao logran o 5º posto como mellores empresarios virtuais de España

Os estudantes vigueses Izan Ruade, Gael Rodríguez, Xoel Malfaz e Xoan Vidal, estudantes de...