InicioSucesosFerido un home en Redondela tras quedar coas pernas atrapadas nun motocultor

Ferido un home en Redondela tras quedar coas pernas atrapadas nun motocultor

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os equipos de emerxencias tiveron que liberar a un home que quedou coas pernas atrapadas nun motocultor no lugar do Carballiño, en Redondela. Segundo informou o 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 11:00 horas deste sábado e o ferido tivo que ser evacuado ao hospital con lesións de distinta consideración nas pernas.

Ata o punto desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os membros do GES de Mos e os voluntarios de Protección Civil, a Policía Nacional e a Policía Local.

ÚLTIMAS

Empregados de Vitrasa denuncian a “imposibilidade” de cumprir os “obsoletos” horarios que xeran “atrasos” en buses, especialmente durante o Nadal

O comité de empresa de Vitrasa, a concesionaria do transporte urbano de Vigo, denunciou...

Abel Caballero di que Vigo “arrastrará” a Xunta e deputación para que a cidade “sexa mundialista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que Vigo será mundialista porque...

Carmela Silva (PSdeG) critica ao PP porque “nunca confiou nin axudou” a Vigo

A candidata do PSdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra e primeira tenente de...

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...