InicioSucesosOperativo antidroga en Vigo coa detención de seis persoas

Operativo antidroga en Vigo coa detención de seis persoas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un operativo da Policía Nacional para desarticular un punto negro de venda de drogas no barrio vigués de Teis saldouse con seis persoas detidas, tres homes e tres mulleres, e practicouse un rexistro nun piso, no que se interviñeron diversas cantidades de droga e diñeiro en efectivo. O rexistro comezou sobre as 10.00 horas deste mércores, no 7ºB do número 47 da Avenida de Buenos Aires, con presenza do letrado da administración de xustiza, do xulgado de instrución número 1 de Vigo.

Como resultado, interveuse diñeiro, e diversas cantidades de cocaína, heroína e haxix. Así mesmo, neste operativo foron detidas tres mulleres e tres homes novos, de etnia xitana, e con vínculos familiares. A investigación apunta a que estas persoas, que residían como ‘okupas’ nesta vivenda, dedicábanse á venda de estupefacientes nese domicilio, onde tamén convivían tres menores e un can.

QUEIXAS E DENUNCIAS VECIÑAIS

Os veciños asistiron aliviados á actuación policial e varios deles recoñeceron que “a convivencia non era fácil” cos investigados, xa que había unha “constante trasfega” de persoas que acudían a comprar droga á vivenda. “Era acotío, pola mañá, pola tarde e de madrugada, timbrando aos telefonillos, con berros e problemas”, relatou unha das veciñas.

Segundo indicou, levan polo menos un ano padecendo estes problemas e mesmo, no seu caso, sufriu ameazas por parte dun dos ‘clientes’ dos seus veciños. Ademais, sinalou que chamaron en varias ocasións á Policía, unha delas ante a presenza dunha nova “tirada na escaleira, que non se sabía se estaba viva ou morta”.

A vivenda rexistrada foi alugada no seu momento a un parella pero os veciños explicaron que os inquilinos se foron e deixáronlle a chave aos investigados, que ‘okuparon’ a vivenda. Respecto diso, confirmaron que o propietario iniciou os trámites para desaloxar a esas persoas, e que se atopa pendente de que se execute a sentenza de desafiuzamento.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...