InicioSucesosDeteñen un condutor en Vigo por conducir baixo os efectos do alcol...

Deteñen un condutor en Vigo por conducir baixo os efectos do alcol e varios delitos contra a seguridade viaria

Cando os policías se dirixiron a el para que se apease do coche, o condutor opuxo gran resistencia e tivo que ser reducido

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía detivo a un veciño de Vigo de 36 anos de idade, B.A.C., como presunto autor de varios delitos contra a seguridade viaria, tras fuxir a gran velocidade dunha dotación que lle deu o alto, circulando de forma temeraria e baixo os efectos do alcol.

Os feitos ocorreron na madrugada do pasado sábado, cando axentes de Policía Local estaban a realizar labores de vixilancia e prevención na zona de Areal. Ao observar a un turismo que se dirixía cara a eles, os funcionarios déronlle o alto pero o condutor, en lugar de parar, acelerou bruscamente á altura dos policías, chegando a golpear a un deles nunha perna.

Iniciouse entón unha persecución do sospeitoso, que tomou dirección a Bouzas circulando a gran velocidade e alcanzando os 130 quilómetros por hora nalgúns tramos, pasando os semáforos en vermello e pondo en perigo ao resto de usuarios da vía polas rúas Coruña, Severo Ochoa, Eugenio Fadrique e Lalín.

Finalmente foi interceptado en rúa Quintela por unha dotación da Policía Nacional que se sumou ao operativo. Cando os policías se dirixiron a el para que se apease do coche, o condutor opuxo gran resistencia e tivo que ser reducido.

Ao realizarlle as probas de alcoholemia, estas deron por resultado positivo de 0,67 e 0,64 mg/l, o que excede o límite penal.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...