InicioSucesosInvestigan a catro rapaces, tres deles menores, pola súa participación nunha malleira...

Investigan a catro rapaces, tres deles menores, pola súa participación nunha malleira grupal en Nigrán

Un dos acusados agrediu, presunetamente, ao menor por saudar a unha moza do seu grupo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Garda Civil investiga a catro novos, un de 18 anos e tres menores de 17, pola súa suposta participación nunha malleira grupal a outro menor de 16 anos ocorrida no verán de 2024 nas festas de Praia América, en Nigrán. Segundo explica a Benemérita nun comunicado, os feitos tiveron lugar o 31 de xullo, cando un grupo de persoas agrediron a un menor, propinándolle varias patadas e puñadas, tendo que ser trasladado ao hospital, onde se lle diagnostican varias fracturas de pezas dentais, ematomas e feridas na cara que necesitaron puntos de sutura.

Ademais, no transcurso da pelexa, varios amigos da vítima tentaron auxilialo, recibindo tamén puñadas e patadas, provocando a un deles lesións nun tímpano e un hematoma ao redor do ollo. Por todo iso, os menores agredidos presentaron denuncia ante a Garda Civil que, tras unha “longa e minuciosa investigación”, logrou identificar aos agora investigados, sendo “clave” a declaración de numerosas testemuñas e os recoñecementos fotográficos. A orixe desta agresión puidese ser unha discusión provocada polos “ciumes” dun dos atacantes ante o feito de que o menor agredido saudase a unha moza que formaba parte do grupo no que se atopaban os agresores. As dilixencias foron entregadas na Fiscalía de Menores de Pontevedra e no Xulgado de Garda de Vigo.

ÚLTIMAS

Deteñen en Vigo unha muller tras agredir á súa parella

A Policía Local de Vigo detivo o pasado mércores a unha muller por supostamente...

Retencións e tráfico lento na AP-9 á saída de Vigo tras unha colisión entre polo menos cinco coches

Os túneles da Madroa da AP-9 volveron a ser o escenario dunha nova colisión...

Vigo mobiliza 110 millóns para levantar a única fábrica de chips fotónicos de España

O proxecto Sparc e a fábrica de semiconductores fotónicos que se está a construír...

Vigo investirá máis de 2 millóns nunha exposición inmersiva sobre Julio Verne que despois viaxará a París

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a Xunta de Goberno Local aprobará...