InicioSucesosDesmantelada unha rede que obrigaba a mozas venezolanas a prostituírse en pisos...

Desmantelada unha rede que obrigaba a mozas venezolanas a prostituírse en pisos da cidade

A rede captaba a mulleres novas en Venezuela para trasladalas a Tenerife co fin de explotalas sexualmente tras contraer unha débeda aproximada de 6.000 euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional desarticularon unha organización criminal dedicada á trata de seres humanos con fins de explotación sexual, prostitución coactiva, tráfico de drogas e outros delitos conexos que operaba en Tenerife, Fuerteventura e Vigo. A investigación iniciouse a finais do mes de febreiro do pasado ano cando os investigadores recibiron a información sobre a posible trata de seres humanos con fins de explotación sexual dunha moza de nacionalidade venezolana nun piso situado en Santa Cruz de Tenerife.

Por mor deste caso, puido coñecerse a existencia dunha organización criminal encargada de captar a mulleres novas en Venezuela para trasladalas a Tenerife co fin de explotalas sexualmente tras contraer unha débeda aproximada de 6.000 euros, descubrindo á súa vez a existencia de, polo menos, outras catro mulleres nas mesmas circunstancias situadas en diferentes vivendas da illa. Os axentes comezaron a realizar as pescudas oportunas, desenvolvéndose a operación en catro fases estendidas ata o pasado mes de decembro.

Nun inicio foron descubertos tres pisos nos que se estaría exercendo a prostitución e dúas vivendas onde residían os principais investigados en Tenerife. Tras a entrada e rexistro dos cinco inmobles, foron detidas catro persoas como presuntos autores dun delito de Trata de Seres Humanos, Prostitución coactiva, Tráfico de Drogas e Organización Criminal, liberadas cinco vítimas e incautada diferente documentación relacionada co caso, sustancias estupefacientes, dispositivos móbiles, material informático, 13.595 euros e 10.561 dólares en efectivo.

Seguidamente, grazas á análise das tomas de declaración ás vítimas e testemuñas, probas documentais obtidas nas entradas e rexistros, teléfonos intervidos e demais xestións de investigación, prodúcense seis novas entradas e rexistros en diferentes inmobles en Puerto del Rosario (Fuerteventura), Vigo e Santa Cruz de Tenerife, onde atoparon ata tres pisos na capital tinerfeña onde sete mulleres exercían a prostitución. Así mesmo, foi localizada unha nova vítima e realizadas dúas detencións máis e a Policía Nacional dá por desarticulada completamente a organización, detalla nunha nota. Dos nove detidos no transcurso desta operación seis xa se atopan en prisión preventiva.

ÚLTIMAS

A Fundación Laxeiro expón unha serie de debuxos inéditos cunha gran forza expresiva

A sede da Fundación Laxeiro, na Casa das Artes de Vigo, expón desde este...

Ciencia de Ida e Volta en cafés de Pontevedra, Vigo e Ourense por parte do alumnado sénior da UVigo

Exercer de embaixadores e embaixadoras da ciencia e do coñecemento. Esa será a misión...

Caballero esixe á Xunta 9 millóns ao ano para Vigo por ser “a cidade máis importante de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, esixiulle este martes á Xunta de Galicia que,...

O BNG leva á Valedora a negativa de Caballero a comparecer polo caso Saltamontes

O grupo municipal do BNG en Vigo presentou unha queixa ante a Valedora do...