InicioSucesosDetido en Vigo un home, ao que lle constaban tres ordes de...

Detido en Vigo un home, ao que lle constaban tres ordes de detención, que tras entrar a roubar nunha casa encara á policía cunha gadaña

A Policía Local de Vigo precisou reforzos da Policía Nacional ante a agresividade do suxeito.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home, D.M.N.G. de Vigo e 36 anos de idade, foi detido o pasado mércores, día 8 de xaneiro, tras entrar a roubar nunha casa, descubrindo os policías posteriormente que constaban sobre el tres ordes de procura e detención. Os feitos ocorreron sobre as 21.35 horas, cando a Policía Local de Vigo recibiu unha chamada dun individuo que indicaba que unha persoa entrara no seu domicilio, podendo decatarse diso grazas ao servizo de vixilancia que tiña conectado ao seu móbil.

Así, os axentes trasladáronse ao lugar, accedendo á leira que rodeaba a morada, onde foron increpados desde o piso superior por un home que comezou a ameazar con dispararlles. Por iso, solicitaron apoio doutras unidades e permaneceron nunha posición de espera para acceder en condicións de seguridade á casa. Minutos despois chegaron ao momento unha patrulla da Policía Nacional e máis axentes locais, recibindo un lastro e un extintor lanzados polo ladrón, que non chegou a golpear a ningún dos funcionarios. Ante tal acción, a unidade Nacional, dotada de escudo Policial, iniciou o ascenso polas escaleiras, recibindo unha choiva de obxectos dos cales, concretamente outro lastro, fracturou o escudo policial.

“O home, moi agresivo, e proferindo ameazas constantes, unha vez esgotou os obxectos arreboladizos, esgrimiu unha gadaña, tratando de agredir aos funcionarios, motivo polo cal se lle asperxeu de spray pementa, pero este non chegou a alcanzarlle, dada a distancia de seguridade que os axentes tiñan que gardar respecto da gadaña”, engade a Policía Local. Nese instante, policías locais accederon á terraza da vivenda e lograron entrar na estancia na que se atopaba o home, sendo asperxido agora si con spray e reducido. Así, foi detido pola suposta comisión de varios delitos como o de roubo con forza e o de atentado. Unha vez identificado, comprobouse que tiña ata tres ordes de detención de varios xulgados de Vigo, incluíndo unha delas o seu ingreso en prisión.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...