InicioSucesosDetido na rúa Badaxoz tras agredir á súa parella, en presenza da...

Detido na rúa Badaxoz tras agredir á súa parella, en presenza da filla de ambos, por chegar tarde tras saír de festa

Atacouna, rasgándolle a roupa e suxeitándoa fortemente polo pescozo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Policía Local de Vigo detivo a un home de 48 anos de idade, N.E.F.A., natural de Perú, como suposto autor dun delito de violencia de xénero, tras agredir á súa parella, á que recriminou que chegara tarde a casa tras saír de festa coas súas amigas. Os feitos ocorreron na madrugada deste mércores, cando a Policía recibiu unha chamada da vítima, que informaba de que a súa parella a agrediu na súa vivenda da rúa Badaxoz, en presenza da filla de ambos, de 4 anos. Os axentes desprazáronse ao domicilio, onde foron recibidos polo suposto agresor, que recoñeceu a discusión, por chegar tarde ela, pero negou agredir á muller.

Pola súa banda, a muller explicou que, cando chegou á súa casa en compañía dunha amiga, a súa parella negoulle o acceso e, ao entrar, atacouna, rasgándolle a roupa e suxeitándoa fortemente polo pescozo. A amiga interpúxose para axudala e ambas lograron saír do domicilio, antes de chamar ao 092. Os funcionarios comprobaron que a vítima tiña a roupa rasgada e marcas no pescozo compatibles coa agresión referida, polo que procederon á detención do home, como suposto autor dun delito de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...