InicioSucesosInvestigan a unha menor que realizaba prácticas nun turismo coa súa nai...

Investigan a unha menor que realizaba prácticas nun turismo coa súa nai e o seu irmán no Porriño (Pontevedra)

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil investiga a unha menor que foi identificada o sábado 21 de decembro ao volante dun turismo, co que realizaba prácticas de condución acompañada pola súa nai e o seu irmán no municipio pontevedrés do Porriño.

Segundo informou este xoves a Garda Civil, unha patrulla de atestados que realizaba tarefas de vixilancia nun polígono industrial avistou un vehículo que levaba unha traxectoria herrática e no que un dos ocupantes non levaba cinto de seguridade.

Os axentes comprobaron que ao volante do coche estaba unha moza de 15 anos “vestida con bata e zapatillas de casa”, segundo relata a Benemérita na súa nota de prensa, na que informa que o irmán era o encargado de impartir as leccións de condución á menor.

Desta forma, a menor foi proposta para sanción por un delito contra a seguridade viaria, dilixencias que foron remitidas á Fiscalía de Menores. Pola súa banda, o irmán e a nai enfróntanse ao mesmo delito ao considerarse cooperadores necesarios e responsables da menor, polo que se expoñen a de tres a seis meses de prisión.

ÚLTIMAS

Concentración en homenaxe a Maricarmen e contra a “especulación” que “forzou a súa morte” en Vigo

A Alianza pola Vivenda de Vigo, plataforma integrada por varios colectivos sociais, convocou para...

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...