InicioSucesosAtascos na A-55 en ambos os sentidos á altura de Mos ao...

Atascos na A-55 en ambos os sentidos á altura de Mos ao rexistrarse dous accidentes sen feridos

PUBLICADO O

- Advertisement -

A A-55 volveu a rexistrar longos atascos na mañá deste venres en ambos os sentidos ao rexistrarse dous accidentes nos que ningún condutor resultou ferido.

Tal como informan fontes do 112 Galicia a Europa Press, ambos os incidentes ocorreron ao redor das 07.00 horas na zona de Tamiega, en Mos, afectando a ambos os sentidos de circulación, dirección Vigo e dirección Portugal.

En concreto, o primeiro deles tratouse dunha colisión entre un camión e un turismo, mentres que o segundo foi unha colisión por alcance múltiple.

Neste último, sete vehículos víronse implicados, con catro feridos leves. Outras 11 persoas resultaron ilesas aínda véndose involucradas no choque.

Para a atención dos feridos, en total catro, solicitouse a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, mentres que da ordenación do tráfico e das condicións de seguridade na vía ocupáronse os axentes da Garda Civil de Tráfico.

Foron precisamente as forzas da orde quen confirmaron a cantidade de vehículos implicados, sete, e o número feridos leves, catro, e outro once persoas que resultaron ilesas.

O accidente produciuse na A-55, no punto quilométrico 10, en sentido Vigo.

En ningún deles houbo que lamentar feridos, aínda que si se rexistraron longos atascos á primeira hora da mañá deste venres.

ÚLTIMAS

Caballero pide por terceira vez o cesamento da conselleira polas súas “mentiras” sobre Eiras: “Estivo 8 meses sen facer nada”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamou este xoves por terceira vez o cesamento...

Resposta Feminista manifestaráse o 25-N en Vigo co lema ‘Polas que coidan. Dignidade e loita’

O colectivo 'Resposta Feminista. As que miran lilá' chamou á cidadanía a manifestarse en...

O BNG de Vigo avisa que a resposta ás súas alegacións ao PXOM pode ter “graves irregularidades”

O BNG denunciou este xoves "graves irregularidades" na resposta enviada polo goberno municipal de...

Trámites de urxencia na Xunta para reparar as válvulas da presa de Eiras que fornece Vigo

A Xunta, a través de Augas de Galicia, iniciou este xoves os trámites por...