InicioSucesosTrasladan ao Cunqueiro a unha persoa ferida por un incendio orixinado nunha...

Trasladan ao Cunqueiro a unha persoa ferida por un incendio orixinado nunha estufa na rúa Purificación Saavedra

Aínda que outros veciños de pisos superiores tamén se viron afectados polo fume, que se estendeu a outras vivendas, ningún deles necesitou ser evacuado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha persoa tivo que ser evacuada ata o Hospital Álvaro Cunqueiro con feridas ocasionadas por un incendio orixinado por unha estufa na súa vivenda en Vigo, o que tamén provocou molestias por inhalación de fume a outros veciños. Segundo informa o 112 Galicia, ocorreu este mércores no primeiro piso do número 64 da rúa Purificación Saavedra. Pouco antes de mediodía, a central de emerxencias recibía varias chamadas de viandantes que avisaban de que saía fume das xanelas do primeiro piso.

A chamada serviu para pór en marcha un operativo formado polos bombeiros da cidade, así como a Policía Nacional e a Local. Non entanto, tamén se tiveron que sumar os profesionais de Urxencias Sanitarias-061, polas lesións que as chamas provocaron a un dos ocupantes da vivenda, que acabou derivado ao hospital. Aínda que outros veciños de pisos superiores tamén se viron afectados polo fume, que se estendeu a outras vivendas, ningún deles necesitou ser evacuado.

ÚLTIMAS

Inxección de 83.000 euros para lanzar as pemes galegas ao exterior a través de Navalia e Conxemar

A burocracia do Boletín Oficial do Estado (BOE) fixo oficial este luns unha inxección...

Carmen García Mateo convértese na primeira reitora da historia da Universidade de Vigo

A catedrática Carmen García Mateo será a primeira reitora da Universidade de Vigo nos...

Queremos Galego lembra o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua

A plataforma Queremos Galego pechou este venres a campaña de difusión da mobilización do...