InicioSucesosSuspendido o xuízo do MV Karar pola ausencia dun dos avogados defensores

Suspendido o xuízo do MV Karar pola ausencia dun dos avogados defensores

A pasada semana xa tiveron que suspenderse as sesións deste macroxuízo por narcotráfico, con 28 acusados, porque a letrada designada para substituír a Sierra non puido personarse ao estar de baixa

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Audiencia de Pontevedra ditou este luns unha providencia pola que decreta a suspensión das sesións do xuízo do alixo do buque MV Karar previstas para esta semana, debido á ausencia dun dos avogados defensores, que exerce tamén a defensa dun dos acusados polo crime de Samuel Luiz, cuxo xuízo se celebra estes días na Coruña.

Trátase do letrado Ramón Sierra, que na causa por este alixo de cocaína representa a un exfuncionario de Aduanas para quen a Fiscalía pide penas que suman 19 anos e medio de cárcere por delito de narcotráfico, integración en organización criminal e branqueo de capitais.

Segundo comunicou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), este procesado “non acepta ser asistido por outro letrado” polo que, “irremediablemente”, a Audiencia tivo que decretar a suspensión. Así, fontes xudiciais explicaron que o xuízo que se celebra na Coruña “ten prioridade sobre calquera outro señalamiento, xa que se trata dunha causa con preso e con Tribunal do Xurado”.

Por outra banda, o tribunal provincial solicitou ao avogado “que xustifique que días debe asistir ao xuízo da Coruña, cuxa finalización está prevista para o 18 de novembro, co obxectivo de elaborar un novo calendario de sesións do xuízo do Karar”.

A pasada semana xa tiveron que suspenderse as sesións deste macroxuízo por narcotráfico, con 28 acusados, porque a letrada designada para substituír a Sierra non puido personarse ao estar de baixa.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...