InicioSucesosAtopan na súa cociña unha serpe de metro e medio de lonxitude

Atopan na súa cociña unha serpe de metro e medio de lonxitude

Nun domicilio da rúa Antonio Neto Figueroa

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha serpe de escaleira de preto de metro e medio de lonxitude apareceu na madrugada deste luns na cociña dunha vivenda de Vigo.

Tal como informa a Policía Local, os feitos ocorreron nun domicilio da rúa Antonio Neto Figueroa e foron os propietarios do inmoble os que alertaron aos axentes ao localizar unha culebra na súa cociña. O animal, ao verse sorprendido, escondeuse tras os electrodomésticos.

Cando chegaron os funcionarios, moveron os mobles ata dar coa serpe, que estaba detrás do forno. Así, procederon a capturar ao réptil e a devolvelo ao seu hábitat natural.

ÚLTIMAS

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Caballero denuncia o “mal funcionamento” do transporte escolar en Vigo e reclama máis profesorado

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, lamentou o “mal funcionamento” do transporte escolar este...

O Álvaro Cunqueiro estrea o luns un novo Hospital de Día para reducir ingresos e desconxestionar Urxencias

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo inaugurará o vindeiro luns, día 28 de setembro,...

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...