InicioSucesosO derrame de varias garrafas de formaldehído que transportaba un camión obriga...

O derrame de varias garrafas de formaldehído que transportaba un camión obriga a activar un plan especial no polígono de Valadares

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o accidente produciuse na rúa O Cabreiro, na parroquia de Beade, minutos despois das 09.00 horas deste mércores.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O derrame sobre a estrada de varias garrafas de formaldehído que transportaba un camión obrigou a activar un plan especial para xestionar a situación no polígono vigués de Valadares. Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o accidente produciuse na rúa O Cabreiro, na parroquia de Beade, minutos despois das 09.00 horas deste mércores.

O suceso motivou a activación por parte da Xunta do Plan de Protección Civil por accidentes con vehículos de transportes especiais, denominado Transgal. Ademais, o tráfico estivo cortado durante uns minutos ata que se controlou a situación. En total, o camión perdeu cinco litros de formaldehído cando descargaban as garrafas desde o camión, cuxos responsables puxeron o incidente en coñecemento da central do 112, encargados de activar o dispositivo para atallar a emerxencia creada.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...