InicioSucesosPrisión provisional para o home que atacou un mozo en Redondela a...

Prisión provisional para o home que atacou un mozo en Redondela a pasada fin de semana

Os feitos ocorreron na madrugada do pasado domingo, durante as celebracións do Entroido de Verán en Redondela

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado de instrución número 2 de Redondela acordou o ingreso en prisión provisional comunicada e sen fianza para o home detido o pasado fin de semana nesta localidade tras agredir a un mozo cunha arma branca.

Segundo informaron fontes xudiciais, a maxistrada investiga ao home como presunto autor dun delito de homicidio en grao de tentativa. Ademais, acordou tamén unha medida de prohibición de aproximación e comunicación respecto da vítima, para o caso de que se acorde nalgún momento a posta en liberdade do investigado.

Os feitos ocorreron na madrugada do pasado domingo, durante as celebracións do Entroido de Verán en Redondela. O sospeitoso supostamente atacou cunha arma branca a un mozo, e foi pouco despois detido por axentes de Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela. O ferido foi trasladado en ambulancia a un centro hospitalario.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Patrimonio autoriza a humanización do tramo máis próximo ao ascensor Halo da rúa Serafín Avendaño de Vigo

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude,...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Suspendido o transporte de ría en Vigo polas malas condicións meteorolóxicas

As navieras que operan as liñas de transporte na ría de Vigo, entre o...