InicioSucesosNovas retencións na ponte de Rande tras un accidente

Novas retencións na ponte de Rande tras un accidente

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un accidente na ponte de Rande ocorrido a media mañá deste martes provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección a Vigo, segundo informaron fontes do 112 Galicia e da DXT.

A alerta chegou ao 112 sobre as 11,45 horas a través do sistema e-call dun dos vehículos implicados. Segundo fontes de Emerxencias, trátase dunha colisión por alcance, no que se viron implicados ata tres vehículos, que se produciu nun dos carrís do taboleiro central da ponte, en dirección a Vigo, no quilómetro 147 da autoestrada.

Desde o CIAE 112 Galicia deuse aviso a Urxencias Sanitarias-061, porque as testemuñas advertían de que podería haber persoas feridas, aínda que ningunha atrapada. Igualmente, alertouse aos Bombeiros do Morrazo, Policía Local e Garda Civil de Tráfico.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...