InicioSucesosDesaloxan por precaución o festival Vive Nigrán tras declararse un incendio forestal...

Desaloxan por precaución o festival Vive Nigrán tras declararse un incendio forestal en Monteferro

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un incendio forestal en Monteferro obrigou a desaloxar por precacuión o festival Vive Nigrán, que celebraba a súa última xornada. Segundo informaron fontes da Consellería do Medio Rural, o incendio comezou nun vehículo que circulaba por unha pista forestal e estendeuse ao monte.

Desta forma, o suceso produciuse ás 22.55 horas e extinguiuse ás 01.32 horas tras queimar 0,12 hectáreas de superficie arboredo. Ata o punto desprazáronse dous axentes, tres brigadas e dúas motobombas.

Ante isto, os asistentes do festival, no que a súa última xornada actuaba Arizona Baby, Hey Hematoma e Visions of Johanna, foron desaloxados por precaución.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo promete “o maior cadro de bombeiros da súa historia” no outono ante críticas por “falta de persoal”

O goberno de Vigo asegurou que o Concello está a incorporar novos profesionais de...

Os traballadores de Lugove manteñen a folga e acusan a empresa de rexeitar a negociación

O conflito laboral en Lugove, concesionaria do transporte público interurbano que conecta Vigo co...

Peinador “non vai tan mal” di Abel Caballero que reclama as mesmas axudas que recibe Santiago

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este xoves que Peinador "non vai tan...

Mantense a prohibición de baño na praia da Punta tras unha nova analítica

O Concello de Vigo mantén a prohibición de bañarse na praia da Punta, situada...